Ilustración: Miguel Ángel Vigo Baleirón |
Da colaboración entre a Concellaría de Xuventude do Concello de Santiago e o IES de Sar xurde unha exposición que recolle o bo facer do alumnado do Centro.
Froito do traballo de varios meses e baixo a dirección de Miguel Ángel Vigo Baleirón, un grupo de xóvenes artistas (alumnos do Bacharelato Artístico do IES de Sar) asistiron a unha actividade formativa, obtendo como resultado unha mostra coas diferentes pezas resultantes.
No curso pretendíase unha aproximación ao mundo da banda deseñanda a través do emprego de diferentes técnicas, da visión e estudo dos diferentes autores, estilos dos debuxantes, técnicas narrativas, co resultado da elaboración dun cómic por parte de cada alumno.
Estas son algunhas imaxes da inauguración desta exposición que leva por título: "ENTRE VIÑETAS. RELATOS E SOÑOS GRÁFICOS DE ALUMNOS DO IES DE SAR" que tivo lugar o pasado 19 de febreiro.
O lugar do evento foi o CSC e Xuvenil Municipal O Ensanche.
AGRADECEMENTOS
Profesorado e alumnado do IES de Sar
Mª Sol Barral
Miguel Ángel Vigo Baleirón
PARTICIPANTES
Fernando Abeijón Santiago, Sonia Alonso Castro, María Astray Piñeiro, Carla Bautís Estévez, Ana Belén Blanco Mougán, Adrián Bouzas Montiro, María J. López Sanmartín, Iria Matos Gato, Breogán Oubiña
García, Beatriz Pérez Lista, Sofía Rodríguez Fernández, Claudia Rodríguez Mayán, Mireia Suárez Saiz, Pedro Manuel Waldenmaier Villaverde.
Reseñas do evento no Correo Gallego do 19 e do 20 Febr. 2013. Páx. 27 nambos casos.