22 de febreiro de 2013

UN PRIMEIRO PREMIO


O alumno de 2º de Bacharelato de Artes: Iván Losada Dorado, foi gañador do concurso convocado polo CDN Cidade de Santiago de Compostela cun cartel sobre o Campionato Galego Absoluto de Natación 2012.
Os nosos parabéns.

Cartel de Iván Losada


19 de febreiro de 2013

A pomba e o degolado

Autora: Fina Casalderrey
Editorial: Xerais
Idioma: Galego
Páxinas: 171

Foron demasiadas as cousas que non lle sentaron ben a André nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna, na casa, onde tamén se viven tempos moi difíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de "Degolado", con "Pomba", unha amiga cibernética que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.

6 de febreiro de 2013

O RAP DE HAYEK E KEYNES


Con música e un pouco de humor tamén podemos aprender algo de Economía.
John Maynard Keynes (1883 - 1946) foi un economista británico, considerado como un dos máis influíntes do século XX. As súas ideas tiveron unha forte repercusión nas teorías e políticas económicas.
Friedrich August von Hayek (1899 - 1992) foi un filósofo, xurista e economista da Escola Austríaca. Foi considerado tamén como un dos grandes economistas do século XX e,  para moitas persoas,  un dos pais do liberalismo moderno. Foi un dos maiores críticos da economía planificada e socialista.

CONCURSO DE CONFECCIÓN DE CARETAS DE ANTROIDO


                  Estilo: libre
                 Categorías: PCPI, ESO e Bacharelato
                 Entrega en Vicedirección
                Data tope de entrega: venres 15 de febrero (antes do domingo de piñata)

primeiro premio do concurso de caretas 2012

5 de febreiro de 2013

DÍA DA PAZ NA BIBLIOTECA


O día 30, durante os períodos de lecer, tiveron lugar na biblioteca do instituto dous recitais poéticos.

Ademais, as alumnas de 2º ESO Carla Vilas e Andrea Varela fixeron unha presentación da película "Gandhi", recentemente adquirida, da que vimos este tráiler. 


O alumno Enrique Porto, de 1ºBach, interpretou un rap da súa creación. Tamén o alumnado de 2º ESO recitou o rap contra o racismo de Chojin.


Creouse un ambiente moi familiar que culminou co reparto de caramelos aos participantes. 

3 de febreiro de 2013

DÍA DA PAZ






Co gallo do día da paz, o alumnado de Bacharelato de Artes realizou interpretacións da pomba da paz de Picasso e do rostro de Gandhi en estilo Pop-art. Pola súa banda, os alumnos de 1º ESO decoraron pombas para completar a exposición.

1 de febreiro de 2013

PERSÉPOLIS

 
Os alumnos de bacharelato de artes acabaron hoxe de ver a película autobiográfica de Marjane Satrapi baseada no seu espléndido cómic. Cuns debuxos de aparente sinxeleza, con referenzas á arte persa, ao cine de Murnau e ao cadro "O berro", de Munch, a autora narra a súa infancia e adolescencia coa historia recente de Irán como pano de fondo. Todo iso fuxindo do dramatismo e con gran sentido do humor. Moi recomendable tanto en formato film como en cómic.