Nunha época na que todas as
novas dos xornais tratan da crise económica
e chorradas de famosos, unha noticia resalta sobre todas as demais:
Malala, unha rapaza paquistaní, que loitaba polo dereito
das rapazas á educación e por ise motivo, foi tiroteada polos talibáns. Isto é
todo un exemplo de valentía e esforzo.
Se fose un talibán, agora mesmo sentiríame avergoñado, e
menos mal que Malala sobreviviu, porque nese caso sentiríame culpable de selo
responsable de destruír non só a valentía desta rapaza, senón o empeño que puxo
en comunicar o que lle estaba a ocorrer nun diario que escribía dende os 11
anos, sabendo que se estaba arriscando a ser recoñecida.
Todo o mundo debería ten o dereito a estudar ao igual que
o de respirar; e chama moito a atención que unha rapaza tan nova estivese tan
concienciada para defender publicamente o seu dereito de estudar, demostrando o
que quere.
A pesar de todo, unha educación en países como estes,
implicaría unha evolución no resto mundo. Non hai moitas persoas loitando asi,
polo dereito de estudar dos nenos e nenas , e polas súas ideas en xeral.
Carta dos alumn@s de 4º ESO A do IES de Sar publicada na Voz de Galicia